Saturday 04 de May de 2024

Accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no Concello da Pobra do Caramiñal


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 20:30 horas da tarde de onte, mércores 24 de abril, unha chamada alertando dun accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no municipio da Pobra do Caramiñal .

Un automóbil que perdeu o control impactou contra o valado metálico dunha vivenda, sen causar o derrubamento deste. Á chegada dos bombeiros ao lugar do accidente a condutora atopábase fóra do vehículo, sen necesidade de ser liberada, polo que a labor consistiu na desconexión da batería do coche para a súa posterior retirada.

No operativo participaron tamén a Policía Local da Pobra do Caramiñal e o 061 de Ribeira.

Deja un comentario